sábado, 17 de abril de 2010

A ESSÊNCIA DOS NOSSOS POETAS


Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.

Miña casa, meu abrigo;
Vanse todos, eu me quedo
Sin compaña nin amigo.

Eu me quedo contemprando
As laradas das casiñas
Por quen vivo suspirando.

Ven a noite..., morre o día,
As campanas tocan lonxe
O tocar da Ave María.

Elas tocan pra que rece;
Eu non rezo, que os saloucos
Afogándome parece
Que por min tén que rezar

Campanas de Bastabales,
Cando vos oio tocar,
Mórrome de soidades.

* Rosalía de Castro, in «Poema de Cantares Gallegos» *

Sem comentários: